Na vida sempre chega un momento en que nos temos que despedir dun compañeiro,-a de traballo, este curso tócanos dicirlle adeus a Maite, presidenta da ANPA do noso colexio e para moitos a cara visible. Sen dúbida ningunha, foi un motor fundamental da asociación, formando parte dela durante moitos cursos, sempre moi entregada e comprometida. No tempo que colaborou co colexio de maneira voluntaria e utilizando un tempo que era propio, intentou aportar melloras, axudar no posible para un bo funcionamento do centro, falar, discutir... e por todo isto queremos agradecerlle todo o esforzo e traballo que prestou á nosa comunidade esducativa. Moitas das nosas actividades, festas, eventos e celebracións non serían o mesmo sen Maite. A ANPA do colexio tivo unha boa presidenta, pero nós tamén tivemos unha boa compañeira e, para sempre, unha amiga que levaremos no noso corazón e non esqueceremos. A entrega de orlas será o seu último acto pero será tamén o comezo d...