PRESENTACIÓN....
BENVIDA.... SAÚDO....
A revista ANDURIÑA
naceu hai moitos anos coa idea de canalizar as
inquietudes artísticas do noso alumnado. Como tantas outras revistas
escolares, comezou con poucos medios e recursos e facíase mediante fotocopias e
multicopista. Co paso dos anos foi ganando terreo e foi mellorando en calidade
da edición. E con ánimo de mellorala,
pasou por diferentes etapas, pero sempre reflectindo o traballo do noso alumnado.
Este curso, o EDLG
comezará unha nova etapa de ANDURIÑA, quere estar máis preto de vós e para iso
creou este blog que irá actualizando con
actividades que se realizarán ao longo dos seguintes cursos. Trataremos
de contribuir á normalización e fomento do uso do galego, compartindo
experiencias e actividades levadas a cabo no colexio.
Este blogue, a
diferencia da versión da revista impresa, aproveita a tecnoloxía que nos
permite facelo máis actractivo, interactivo e mellor esteticamente e, con
dispositivos como un móbil, unha tablet ou iPad facilÍtasenos a tarefa de ler a revista en alta
definición, imitando o formato papel pero coas ventaxas do virtual: enlaces,
vídeos, imaxes ao detalle…
O blog ANDURIÑA
serve como medio de comunicación
alternativo ás redes sociais e todos tedes voz
nel, e todo cabe nel, compartide un pouco de tempo coa familia e botállede un
ollo!
Agardamos que sexa do voso interese!
Comentarios
Publicar un comentario