Na vida sempre chega un momento en que nos temos que despedir dun compañeiro,-a de traballo, este curso tócanos dicirlle adeus a Maite, presidenta da ANPA do noso colexio e para moitos a cara visible.  Sen dúbida ningunha, foi un motor fundamental da asociación, formando parte dela durante moitos cursos, sempre moi entregada e comprometida.

 

No tempo que colaborou co colexio de maneira voluntaria e utilizando un tempo que era propio, intentou aportar melloras, axudar no posible para un bo funcionamento do centro, falar, discutir... e por todo isto queremos agradecerlle todo o esforzo e traballo que prestou á nosa comunidade esducativa. Moitas das nosas actividades, festas, eventos e celebracións non serían o mesmo sen Maite.

 

A ANPA do colexio tivo unha boa presidenta, pero nós tamén tivemos unha boa compañeira e, para sempre, unha amiga que levaremos no noso corazón e non esqueceremos. A entrega de orlas será o seu último acto pero será tamén o comezo dunha vida de convivencia con amigos eternos.

 

Coidamos que o que fixo foi positivo e enriquecedor, pero como deduciredes tocará renovación de cargos e, con iso, incorparación de novos compañeiros, polo que queremos darlle a benvida e tenderlle a man á nova xunta directiva, que estamos seguros que seguirá coas mesmas ganas de aportar e colaborar, nun labor imprescindible para seguir mellorando o noso colexio.

 

Sen máis, querida Maite, esta despedida é obrigada e querémosche agradecer inmensamente a túa disposición, entrega e tempo invertido todos estes anos  desexándoche éxitos e moita sorte.

 

MOITAS GRAZAS POR ESTAR TANTOS ANOS CON NÓS!!!

Comentarios

  1. Estou tan emocionada como sorprendida nesta fin de etapa polo cariño que estou recibindo de todos vos. Toda a tristura e e morriña que xa sinto, está compensada xlos sorrisos que estades a transmitirme estos dias. Que honor, sair pola porta grande do cole que me formou a min e ao mais importante que teño, os meus fillos. Coñecer persoas entregadas a formacion como persoas dos nosos e o máximo que podemos pedir nun colexio, e levarme a amizade dos que considero tan importantes, é IMPAGABLE. GRACIAS ao Pilar por todo o que nos deu a nosa familia e GRACIAS á AMPA x todo o que me ensinou e me aportou. Sei que levo AMIGOS e vos tedes aqui unha incondicional. Por favor, non perdades o meu teléfono💜

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog