Publicacións

  PRESENTACIÓN.... BENVIDA.... SAÚDO.... A revista ANDURIÑA naceu hai moitos anos coa idea de canalizar as   inquietudes artísticas do noso alumnado. Como tantas outras revistas escolares, comezou con poucos medios e recursos e facíase mediante fotocopias e multicopista. Co paso dos anos foi ganando terreo e foi mellorando en calidade da edición. E con   ánimo de mellorala, pasou por diferentes etapas, pero sempre reflectindo   o traballo do noso alumnado.   Este curso, o EDLG comezará unha nova etapa de ANDURIÑA, quere estar máis preto de vós e para iso creou este blog que irá actualizando con   actividades que se realizarán ao longo dos seguintes cursos. Trataremos de contribuir á normalización e fomento do uso do galego, compartindo experiencias e actividades levadas a cabo no colexio.   Este blogue, a diferencia da versión da revista impresa, aproveita a tecnoloxía que nos permite facelo máis actractivo, interactivo e mellor esteticamente...
Imaxe
  Na vida sempre chega un momento en que nos temos que despedir dun compañeiro,-a de traballo, este curso tócanos dicirlle adeus a Maite, presidenta da ANPA do noso colexio e para moitos a cara visible.   Sen dúbida ningunha, foi un motor fundamental da asociación, formando parte dela durante moitos cursos, sempre moi entregada e comprometida.   No tempo que colaborou co colexio de maneira voluntaria e utilizando un tempo que era propio, intentou aportar melloras, axudar no posible para un bo funcionamento do centro, falar, discutir... e por todo isto queremos agradecerlle todo o esforzo e traballo que prestou á nosa comunidade esducativa. Moitas das nosas actividades, festas, eventos e celebracións non serían o mesmo sen Maite.   A ANPA do colexio tivo unha boa presidenta, pero nós tamén tivemos unha boa compañeira e, para sempre, unha amiga que levaremos no noso corazón e non esqueceremos. A entrega de orlas será o seu último acto pero será tamén o comezo d...